Wakau Urban Fest

Este verán teremos novidades no panorama cultural da Vila de Negreira. O venres 7 de agosto terá lugar en Negreira a primeira edición do festival de Cultura Urbana “Wakau Urban Fest” que contará con diferentes mostras e talleres de disciplinas urbanas, actuacións musicais e exhibición deportivas.

A xornada ubicarase no Parque do Coto, onde irán distribuídas tódalas actividades deixando espazo entre as diferentes zonas para evitar aglomeracións, e manter así as medidas sanitarias frente a covid19.


As actividades participativas irán a cargo de Vella escola e contarán con aforo limitado a un máximo de 15 participantes simultáneos, pero realizaranse varias quendas (con desinfección da zona entre grupos) para garantir a posibilidade de participar de todos os que o desexen.

Foto por Slim Emcee on Unsplash

Para participar nos talleres non será preciso realizar inscrición previa, pero levarase un rexistro de participantes para poder garantir a seguridade en caso de aparición dun positivo en Covid.

As exhibicións realizaranse a mediodía e cara o serán. Para despedir o evento tenemos as actuación musicais dos grupos Ganjarhr Family e Fø Récord.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

TALLERES: Parkour / Breakdance / Turntablism / Beatbox
EXHIBICIÓNS: Graffiti / Freestyle Football / Breakdance / Scratching
PARQUES MÓBILES: SkatePark / Parkour Park / Pista de Street Football
ZONA MARKET: WAKAU URBAN FEST
ACTUACIÓNS MUSICAIS: Ganjahr Family & Fø Récords (23:00 h)


Máis información en:
www.vellaescola.com na web www.wakau.es e na páxina do concello de Negreira www.concellodenegreira.gal

O venres 7 de agosto temos unha cita ca cultura urbana en Negreira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra